O pasado 16 de xaneiro a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde na que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2020.
Dividida en dúas liñas perfectamente diferenciadas estas axudas teñen unha dotación económica de 800.000€ no primeiro caso e de 690.000€ no caso da Liña II.
Poderán ser beneficiarios da liña I as asociacións empresariais e organizacións sindicais intersectoriales no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao amparo da lei 19/1997, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
Doutra banda, da Liña II serán beneficiarias as asociacións empresariais galegas sectoriais ou intersectoriales constituídas ao amparo da Lei sinalada no parágrafo anterior.
A Liña I inclúe formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia preventiva de carácter intersectorial (tanto formación como os gabinetes de seguridade e saúde laboral) mentres que na Liña II poderán solicitarse accións formativas e outras actividades de fomento en materia preventiva de carácter sectorial. Neste caso as axudas están destinadas a cursos de formación e á realización de xornadas de sensibilización, en ambos os casos de carácter sectorial, así como a estudos do mesmo tipo.
A solicitude destas axudas deberá ser presentada necesariamente a través da sede electrónica no prazo dun mes desde a data de publicación, é dicir, o 17 de febreiro de 2020.
Pode acceder ao texto completo da Orde na seguinte ligazón