Actualizado o procedemento para os servizos de prevención fronte á exposición ao SARS- CoV-2


O procedemento coas pautas de actuación para os servizos de prevención, publicado polo Ministerio de Saúde foi actualizado xa en seis ocasiones. A última delas inclúe unha adecuación do procedemento á nova Estratexia de diagnóstico, vixilancia e control na fase de transición da pandemia de COVID-19 e unha actualización de Traballador Especialmente Sensible así como actualización dos Anexos IV e V.

O Ministerio de Sanidade, no marco do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, do 28 de abril, publicou a Estratexia de diagnóstico, vixilancia e control na fase de transición da pandemia de COVID-19, do 6 de maio de 2020, que foi trasladada ao BOE mediante a Orde  SND/404/2020, do 11 de maio, de medidas de vixilancia epidemiolóxica da infección por  SARS- CoV-2 durante a fase de transición cara a unha nova normalidade, que regula as obrigacións e procedementos de obtención e comunicación de información para a vixilancia epidemiolóxica en relación á infección do COVID-19.

Esta Estratexia establece que o obxectivo nesta etapa é a detección precoz de calquera caso que poida ter infección activa e que, por tanto, poida transmitir a enfermidade.

A evolución da crise sanitaria, que se desenvolve nun escenario de transmisión comunitaria sostida xeneralizada, obriga a adaptar e concretar de maneira continua as medidas adoptadas para que se recupere paulatinamente a vida cotiá e a actividade económica, garantindo a capacidade de resposta de todos os sectores económicos e sociais.

A intervención das empresas, a través dos servizos de prevención ( SPRL), fronte á exposición ao  SARS- COV-2 foi e é crucial, adaptando a súa actividade con recomendacións e medidas actualizadas de prevención co obxectivo xeral de limitar os  contagios: medidas de carácter organizativo, de protección colectiva, de protección persoal, de traballador especialmente vulnerable e nivel de risco, de estudo e manexo de casos e contactos ocorridos na empresa e de colaboración na xestión da incapacidade temporal.

No momento actual, están chamados a cooperar coas autoridades sanitarias na detección precoz de todos os casos compatibles con COVID-19 e os seus contactos, para controlar a transmisión. Corresponde ás empresas avaliar o risco de exposición en que se poden atopar as persoas traballadoras en cada unha das tarefas diferenciadas que realizan e seguir as recomendacións que sobre o particular emita o servizo de prevención, seguindo as pautas e recomendacións formuladas polas autoridades sanitarias.

Puede acceder a la última actualización de este procedimiento en el siguiente enlace