CEPYME e UNESPA lanzan unha web para promover a prevención de riscos entre pemes


CEPYME e  UNESPA crearon o portal “Previr para crecer” coa finalidade de promover a cultura da prevención nas empresas.

O lanzamento deste proxecto coincidiu coa celebración do Día da educación financeira 2020 organizado polo Plan de Educación Financeira, programa do Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) co que colaboran as dúas organizacións empresariais.

“Previr para crecer” supón un novo paso na divulgación da cultura aseguradora e da prevención. Neste caso, ten como liña de traballo identificar os principais riscos aos que se enfrontan as pemes, dar sinxelos consellos e explicar as coberturas que contribúen a evitar sobresaltos e situacións  indeseadas no día a día das empresas. O desenvolvemento de Previr para crecer forma parte do programa Estamos Seguros, a iniciativa de promoción do valor social do seguro español posta en marcha en 2016

O portal “Previr para crecer” identifica nove tipoloxías distintas de risco: riscos naturais, antisociais e de seguridade, político sociais, laborais e de saúde, físicos, químicos, loxísticos,  operacionales e de funcionamento, así como reclamacións por responsabilidade civil.

O seguro dispón de mecanismos para contrarrestar todos e cada un destes perigos. Na páxina explícanse tamén, acompañando a cada risco, as coberturas que evitan ou minimizan as consecuencias dun suceso adverso. A web describe máis de medio centenar de proteccións distintas. Desde a cobertura fronte a incendios, á perda de alugueiros; pasando pola responsabilidade civil de explotación, a perda de beneficios, a protección xurídica, os accidentes persoais ou a cobertura de riscos cibernéticos.

A web de  CEPYME e o portal  CEPYMENEWS incorporan unha chamada a esta nova sección de “Estamos Seguros” onde se explica como poden protexerse as pemes fronte aos riscos que lles afectan.

Para evitar que algo se torza no negocio, o portal lembra a importancia da prevención. Esta é a razón pola que CEPYME e UNESPA inclúen no novo  microsite unha ducia de listas de consellos que abarcan materias moi diversas como os incendios, os roubos, os riscos  cibernéticos ou as reclamacións por responsabilidade civil.

En paralelo á creación da web de “Previr para crecer”, desenvolvéronse materiais multimedia como gráficos, infografías e vídeos onde se adaptan os contidos de prevención e previsión aos formatos das principais redes sociais. Estamos Seguros ten, en concreto presenza en Twitter, Facebook, Linkedin e Youtube.