Vision Zero


“Vision Zero” é unha campaña da Asociación Internacional da Seguridade Social (AISS) que presenta un enfoque transformador da prevención que abarca a seguridade, a saúde e o benestar no traballo.

A folla de roteiro para poñer en marcha a estratexia  Vision Zero abarca sete regulas de ouro, baseadas en conceptos de xestión eficaces e prácticos, que permiten poñer en marcha un enfoque proactivo para promover a cultura da prevención no lugar de traballo.

A agricultura é un dos sectores máis perigosos tanto nos países en vías de desenvolvemento como nos industrializados. A sección sobre Prevención na Agricultura da AISS elaborou unhas guías sobre  Vision Zero dirixidas tanto a agricultores particulares como a explotacións agrarias. O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo adhírese a esta campaña e presenta estas guías para o sector agrario adaptándoas no posible á nosa lexislación aínda que mantendo o enfoque global co que se deseñaron.

Coa difusión destes documentos preténdese aumentar os recursos dispoñibles en español sobre esta campaña e iniciar un percorrido que leve a mellorar a xestión da prevención de riscos e as condicións de traballo neste sector.

Pode acceder á Guía para explotacións agrarias na seguinte ligazón