A prevención, o mellor recurso fronte ao coronavirus


Nacido aparentemente en  Wuhan (China), a finais de decembro de 2019, o coronavirus está a poñer a proba a capacidade de reacción de medio mundo a nivel social, sanitario e empresarial.

A alarma saltou hai uns días cando varias multinacionais do sector da telecomunicación cancelaron a súa asistencia ao World Mobile  Congress 2020 ( WMC) que debía celebrarse en Barcelona.

A información que nos ofrece a Organización Mundial da Saúde (OMS) é tan rápida e dispar que non nos dá tempo a asimilar a primeira información do día cando xa chegou a terceira ou a cuarta. A OMS dinos que o 82% dos pacientes desenvolven unha enfermidade leve; o 15% ven pronunciada a gravidade; e o 3% chega ao nivel máis crítico, sendo imposible nestes momentos imposible fixar unha taxa de mortalidade. 

Aínda que nace en  Wuhan xa se detectaron casos en máis de 25 países, entre os que se atopa España. Por ese motivo as autoridades sanitarias do noso país trasladaron aos profesionais sanitarios as medidas de prevención que deben adoptar a nivel persoal e social recomendadas pola OMS.

Podemos resumir as recomendacións da seguinte forma:

Hixiene

 Manter unha correcta hixiene de mans, lavándoas de forma adecuada con auga e xabón ou utilizando con regularidade un desinfectante de mans en xel a base de alcol.

Transmisión de persoa a persoa

Evitar o contacto próximo con quen teña febre ou tose. O virus ten un período de incubación de 2 a 14 días. Favorece a infección por pneumonía, a dificultade para respirar con normalidade e, nalgúns, casos vómitos e/ou diarrea.

Nariz e boca cubertas

Protexerse as  mucosas bucais e nasais. Se se  tose ou esbirra débese utilizar un pano dun só uso que debe ser eliminado inmediatamente. Despois debe hixienizar as mans co desinfectante.

Alimentos ben cociñados

Débense evitar na dieta alimentos pouco cociñados ou crus. Á hora de cortar ou manipular os alimentos débense limpar, cada vez, as superficies coas que entran en contacto.

Evitar o contaxio

O coronavirus pode transmitirse por contacto, a través das  secreciones respiratorias e/ou bucais, a través de persoas afectadas que, mesmo, non presenten síntomas (como tose ou febre).

Por último, as autoridades sanitarias recomendan que as persoas que estivesen en zonas onde se detectou o virus permanezan en corentena.