Aberto o prazo para os Premios Prevencionar


O 20 de febreiro abriuse o prazo para presentar candidaturas aos III Premios Prevencionar

Tanto as bases como as indicacións para presentar as candidaturas atópanse na web oficial dos Premios.

Os Premios Prevencionar teñen por obxecto recoñecer ás persoas físicas ou xurídicas que destacan na defensa, estímulo e apoio no campo da Saúde, Seguridade e Benestar no Traballo. Os Premios son convocados por  Prevencionar. com, medio especializado no campo da Saúde, Seguridade e Benestar no Traballo e teñen unha periodicidade bienal.

Outórganse a aquelas persoas, empresas, asociacións, entidades ou institucións e programas ou traballos, que en opinión do Xurado, colaborasen na mellora da calidade da cultura preventiva e a súa sustentabilidade en calquera dos seus ámbitos de actuación, así como a aquelas que desenvolvesen boas e innovadoras prácticas preventivas desde os seus diferentes ámbitos de actuación persoal e/ou profesional.

Estes premios non teñen unha dotación económica. Os gañadores e finalistas recibirán unha distinción de Prevencionar. com no transcurso dun acto público, convocado para ese efecto.

Os gañadores en cada unha das categorías serán convidados a participar como oradores ou conferenciantes no Congreso Internacional Prevencionar 2021 para dar a coñecer publicamente os seus proxectos gañadores.

Nesta III Edición dos Premios  Prevencionar 2020 as categorías establecidas son:

  • Premio Prevencionar á Empresa do ano (Categoría Gran Empresa)
  • Premio Prevencionar á Empresa do ano (Categoría Peme)
  • Premio E-saudable (Categoría Gran Empresa)
  • Premio E-saudable (Categoría PEME)
  • Premio Prevencionar á Traxectoria Profesional
  • Premio Prevencionar á Cultura Preventiva
  • Premio Prevencionar á Mellor Práctica Preventiva
  • Premio á Innovación Preventiva
  • Premio á Comunicación en  PRL
  • Premio á Seguridade viaria
  • Premio á Investigación
  • Premio á Integración da Discapacidade
  • Premio Prevencionar  ODS
  • Premio Prevencionar Internacional
  • Premio Prevencionar Andalucía

Pode acceder ás bases dos Premios  Prevencionar na seguinte ligazón

https://premios.prevencionar.com/