O pasado mes de decembro foi presentada a Campaña “Adeus estrés” do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ( ISSGA) dirixida á poboación traballadora galega en xeral.
A campaña, enmarcada dentro da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017/2020 ten como obxectivo concienciar á sociedade que os riscos psicosociais e a estrés laboral poden previrse e xestionarse.
Está composta por unha serie de consellos e medidas recollidos en calendarios e carteis que se realizaron tanto en formato físico como virtual; os primeiros repartiunos o ISSGA entre as empresas e entidades a través de asociacións de profesionais da prevención, mentres que a documentación en formato dixital está dispoñible na páxina web do mesmo.
Ou obxectivo é facilitar unha serie de consellos e medidas para ou recoñecemento dúas sinais de estréss, tanto emocionais como cognitivos, conductuais e fisiolóxicos, así como pautas non eido individual que se poden aplicar para unha mellor xestión do rocha na poboación traballadora galega. #Pretender trasladar á sociedade que vos rochas psicosociais e ou estrés laboral poder previrse e xestionarse.
Con esta campaña, a Xunta quere insistir na importancia de previr ou estrés tanto de xeito colectivo como individual; non fomento de empresas saudables; e nunha progresiva mellora dás condicións de seguridade e saúde laboral.
Inclúe as seguintes 12 pautas que se corresponden con cada un dos meses do ano:
- Xaneiro: Recoñoce o teu estrés: identifica as situación e os teus propios sinais de estrés.
- Febreiro: Establece prioridades: prioriza e revisa tarefas a eliminar, aprazar ou delegar.
- Marzo: Organiza o tempo de traballo: planifica ben o traballo e fixa prazos ou ritmos realistas.
- Abril: Rota tarefas: alterna tarefas de distinto nivel de dificultad ou concentración.
- Maio: Evita a multitarefa: procura non realizar varias tarefas á vez.
- Xuño: Xornadas axustadas: evita as xornadas de traballo prolongadas e compensa con actividades de descanso gratificantes.
- Xullo: Tempo de descanso: fai pausas con frecuencia e axusta o descanso á carga de traballo.
- Agosto: Busca axuda: cando o traballo sexa excesivo, pide axuda.
- Setembro: Trato con clientes: adéstrate no manexo da ansiedade e o estrés en relación cos clientes.
- Outubro: Manexa a distancia emocional: busca o equilibrio entre a sobreimplicación e a indiferenza co usuario.
- Novembro: Mellora a túa formación: fórmate en técnicas de relaxación e xestión do tempo.
- Decembro: Vida saudable: leva una dieta saudable, realiza actividade física e mantén un bo descanso.
Pode acceder á documentación completa da campaña na seguinte ligazón