Guía para o control do risco por exposición a sílice cristalina respirable


O Instituto Nacional de Silicose ( INS) elaborou esta Guía co financiamento do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ( MINETUR), no marco do acordo específico mantido no ano 2015 coa Consellería de Saúde do Principado de Asturias.

Aínda que en principio está dirixida ás empresas do sector mineiro, as súas recomendacións son en tamén aplicables a todas as empresas nas que se presenta o risco de exposición a  sílice cristalina. Segundo a Comisión Europea, en España hai máis de 1.400.000 traballadores expostos, case un terzo dos 5.300.000 que hai en toda a Unión Europea, dos cales máis do 70%  atópanse no sector da construción.

A propia Guía sinala que para certas actividades non existe un criterio único por parte das diferentes Administracións, tanto autonómicas como estatais, que permitan presumir que están suxeitas ao Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (RD 863/1985), (RGNBSM), chegando a tal extremo a situación que en ocasións prodúcense discrepancias entre provincias pertencentes a unha mesma Comunidade Autónoma.

Esta Guía pretende dar un pouco de luz e aclarar o control do risco á exposición a sílice cristalina  respirable unificando conceptos e normativa aplicable.

Pode descargarse a Guía completa na seguinte ligazón