O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral publica unha guía para a elaboración dun plan de continxencia co obxecto de dispoñer dun instrumento de xestión para planificar a adopción das medidas necesarias que contribúan a eliminar ou minimizar no posible a incidencia da emerxencia ocasionada polo risco comunitario que supón a pandemia provocada pola COVID-19 (SARS-Cov-2) no ámbito laboral.
Un plan de continxencia é un conxunto de instrucións e procedementos complementarios ou alternativos aos utilizados normalmente na empresa de xeito que esta poida manter a súa actividade malia que algunhas funcións deixen de facelo debido a algún incidente ou a certas condicións externas alleas á organización.
Para a súa elaboración, deberase realizar unha análise dos riscos que permita identificar un conxunto de medidas básicas e concretas a tomar como acción de resposta e coas que afrontar da maneira máis adecuada e efectiva posibles incidentes, accidentes e/ou estados de emerxencia que puidesen ocorrer tanto nas instalacións como fóra delas.
Os elementos ater en conta na elaboración dun plan de continxencia son os seguintes:
- Análise previa das características específicas da nosa empresa.
- Avaliacón do risco de exposición ao coronavirus: baixa probabilidade de exposición, exposición de baixo risco e exposición de risco.
- Planificación e adopción de medidas preventivas:
- Medidas previas ao inicio da actividade
- Medidas nos desprazamentos ao traballo
- Medidas para garantir a distancia de seguridade
- Medidas organizatvias, medidas de hixiene e limpeza
- Uso de máscaras e equipos de protección individual
- Formación e información
- Gestión de residuos
- Mecanismos de seguimento e control
Pode acceder á Guía Básica ISSGA para a elaboración do Plan de Continxencia na seguinte ligazón