O pasado día 29 de setembro foron entregados os Premios Prevencionar 2020 que recoñecen as mellores prácticas en Seguridade, Saúde e Benestar Laboral.
No Reitorado da Universidade de Córdoba e #ante un aforo de 100 altos directivos, debido ás restricións impostas polas autoridades sanitarias como consecuencia do Covid-19, tivo lugar a Gala de entrega dos Premios Prevencionar 2020 na que se deron a coñecer os gañadores da segunda edición destes premios, que aspiran a converterse nos galardóns máis representativos dos profesionais e das empresas do sector da prevención de riscos laborais.
Estes premios, que nacen con vocación bianual e que chegaron este ano á súa terceira edición, contaron con 340 candidaturas presentadas. Entre elas o Xurado, composto por representantes do mundo da seguridade e saúde laboral, elixiu aos seguintes gañadores que destacaron por iniciativas que polo seu desenvolvemento, alcance e resultado supuxeron un verdadeiro avance no campo da saúde, seguridade e benestar no traballo.
A continuación recollemos os gañadores da III Edición dos Premios Prevencionar:
Premio á Empresa do Ano (Categoría Gran Empresa)
Navantia S.A.
Premio á Empresa do Ano (Categoría Peme)
Empresa Provincial de Augas de Córdoba
Premio Prevencionar Saudable (Categoría Gran Empresa)
- Autoridad Portuaria de Bilbao
- Cruz Vermella Española (Comunidad de Madrid)
Premio Prevencionar Saudable (Categoría Peme)
Clave Informática, S.L
Premio á Traxectoria Profesional
Amalio Sánchez Grande
Premio á Cultura Preventiva
Ga Group + Instituto Asturiano de PRL
Premio á Mellor Práctica Preventiva
- Prevencontrol
- Servicio de Intermediación en Riesgos Psicosociales IRSST. Comunidad de Madrid
Premio á Innovación Preventiva
Asepeyo Mutua Colaboradora da Seguridade Social Nº 151
Premio á Comunicación en PRL
Fellowes
Premio á Seguridade viaria
Umivale MCSS Nº15 e Ga Group
Premio á Investigación
Preving Consultores
Premio Prevencionar ODS
Laboratorios Quinton
Premio Prevencionar Internacional
Granjas Carroll-México
Premio Prevencionar Andalucía
Exyge Consultores
Os próximos premios dentro de dous anos, en 2022 e con lugar de celebración aínda sen determinar. Estaremos atentos á presentación de candidaturas.