A Comisión Europea ha aberto unha consulta pública para recoller as opinións dos cidadáns e organizacións en relación ao futuro Marco Estratéxico da UE de Saúde e Seguridade no Traballo 2021-2027.
A saúde e a seguridade no traballo dos traballadores é un asunto que suscita un amplo interese. Por este motivo, a consulta pública recolle as opinións de todos os cidadáns e todas as organizacións que poidan estar interesados.
A Comisión Europea agradece as contribucións que poidan chegar desde as autoridades públicas nacionais ou rexionais activas no ámbito da saúde e a seguridade no traballo ( SST) (por exemplo, ministerios, institutos nacionais de SST, inspección de traballo, etc.), organizacións empresariais e patronais (asociacións de empresas, asociacións comerciais, etc.), traballadores e organizacións de traballadores (sindicatos, etc.), outras institucións ou organismos da UE, organizacións e cidadáns con interese ou experiencia no ámbito da saúde e a seguridade no traballo (por exemplo, do mundo académico, institucións de investigación, axencias da UE, profesionais de SST, organizacións aseguradoras públicas e privadas, e organizacións non gobernamentais).
A Comisión comprometeuse a garantir o dereito dos traballadores da UE tanto a un alto nivel de protección da saúde e a seguridade no traballo como a unha contorna laboral adaptada ás súas necesidades profesionais, que lles permitan prolongar a súa vida laboral. O marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo vixente finaliza en 2020 e adoptarase un novo en 2021.
Esta consulta pública ten un dobre obxectivo:
- A información e as opinións recollidas nela utilizaranse para facer balance do actual marco estratéxico da UE.
- Proporcionará información para preparar e mellorar o novo marco para o período 2021-2027.
Por tanto, coas opinións solicitadas farase un balance do actual Marco Estratéxico da UE e prepararase o novo marco estratéxico que fixará as prioridades e actuacións en materia de seguridade e saúde no traballo en Europa. Por ese motivo é moi importante participar para que se reflictan as opinións de todos aqueles que están interesados en mellorar as condicións de seguridade e saúde no traballo. A consulta pública estará aberta ata o 1 de marzo de 2021, pode acceder a ela na seguinte ligazón