Entrega dos Premios Prevencionar


O pasado día 29 de setembro foron entregados os Premios  Prevencionar 2020 que recoñecen as mellores prácticas en Seguridade, Saúde e Benestar Laboral.

No Reitorado da Universidade de Córdoba e #ante un aforo de 100 altos directivos, debido ás restricións impostas polas autoridades sanitarias como consecuencia do Covid-19, tivo lugar a Gala de entrega dos Premios Prevencionar 2020 na que se deron a coñecer os gañadores da segunda edición destes premios, que aspiran a converterse nos galardóns máis representativos dos profesionais e das empresas do sector da prevención de riscos laborais.

Estes premios, que nacen con vocación bianual e que chegaron este ano á súa terceira edición,  contaron con 340 candidaturas presentadas. Entre elas o Xurado, composto por representantes do mundo da seguridade e saúde laboral, elixiu aos seguintes gañadores que destacaron por iniciativas que polo seu desenvolvemento, alcance e resultado supuxeron un verdadeiro avance no campo da saúde, seguridade e benestar no traballo.

A continuación recollemos os gañadores da III Edición dos Premios  Prevencionar:

Premio á Empresa do Ano (Categoría Gran Empresa)

Navantia S.A.

Premio á Empresa do Ano (Categoría Peme)

Empresa Provincial de Augas de Córdoba

Premio Prevencionar Saudable (Categoría Gran Empresa)

  • Autoridad Portuaria de Bilbao
  • Cruz Vermella Española (Comunidad de Madrid)

Premio Prevencionar Saudable (Categoría Peme)

Clave Informática, S.L

Premio á Traxectoria Profesional

Amalio Sánchez Grande

Premio á Cultura Preventiva

Ga Group + Instituto Asturiano de  PRL

Premio á Mellor Práctica Preventiva

  • Prevencontrol
  • Servicio de Intermediación en Riesgos Psicosociales  IRSST. Comunidad de Madrid

Premio á Innovación Preventiva

Asepeyo Mutua Colaboradora da Seguridade Social Nº 151

Premio á Comunicación en PRL

Fellowes

Premio á Seguridade viaria

Umivale MCSS Nº15 e Ga Group

Premio á Investigación

Preving Consultores

Premio Prevencionar ODS

Laboratorios Quinton

Premio Prevencionar Internacional

Granjas Carroll-México

Premio Prevencionar Andalucía

Exyge Consultores

Os próximos premios dentro de dous anos, en 2022 e con lugar de celebración aínda sen determinar. Estaremos atentos á presentación de candidaturas.