Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus


Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de  autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de  toser ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente refugable- ao  toser ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

O  Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)  lanza unha nova publicación para facilitar recomendacións en saúde laboral #ante o coronavirus. O documento, que se presenta en formato guía, recolle as seguintes recomendacións preventivas:

  • Información básica sobre o Covid-19
  • Medidas previas ao comezo da actividade
  • Medidas nos desprazamentos ao traballo
  • Medidas para garantir a distancia de seguridade
  • Medidas organizativas
  • Medidas de hixiene e limpeza
  • Técnica do lavado de mans con auga e xabón
  • Técnica de hixiene das mans con preparacións alcohólicas
  • Uso de máscaras e equipos de protección individual
  • Xestión de residuos
  • Outra información de interese

Pode acceder á documentación do  ISSGA  na seguinte ligazón

http://issga.xunta.gal/portal/contido/avisos/aviso_0018.html

Doutra banda é importante sinalar que a xestión actual da prevención dos riscos laborais debe axustarse á situación excepcional causada polo COVID-19 e, por iso, toma especial importancia a necesidade de ser rigorosos na información que se pon ao dispor dos profesionais que desenvolven a súa actividade neste ámbito.

Neste contexto, as actuacións do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ( INSST), como órgano científico-técnico do Ministerio de Traballo e Economía Social, desenvólvense baixo a coordinación centralizada do Ministerio de Sanidade para o que a comunicación e colaboración entre ambos os organismos é continua. É por tanto o Ministerio de Sanidade, co apoio particular do  INSST e do resto da Administración Xeral do Estado, o organismo encargado de proporcionar a información técnico-preventiva de referencia máis relevante para poder facer fronte aos retos actuais causados polo COVID-19.

Pola súa banda, o  INSST recibe diariamente numerosas consultas que, no momento actual, versan fundamentalmente sobre cuestións relacionadas coas actuacións necesarias para facer fronte a esta situación extraordinaria que se está vivindo no noso país.

Toda a información, permanentemente actualizada pode atopala na seguinte ligazón do Ministerio de Sanidade dedicado aos profesionais

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos.htm