TME e traballo: estratexias, políticas e prácticas efectivas


A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo identificou nun recente informe vinte e cinco iniciativas que van desde campañas de sensibilización ata inspeccións e lexislación que foron utilizadas en catorce países diferentes, nas que se subliña que é posible facer para evitar os trastornos  musculoesquléticos (TME), en particular nas pemes. No citado informe analízanse con máis profundidade seis destas iniciativas, o que permite entrever como funcionan na práctica as actuacións destinadas a previr os  TME. Devandito estudo enmárcase dentro dun proxecto máis amplo de análise das políticas, os programas e as ferramentas existentes en materia de prevención dos TME, xunto coa bibliografía existente e as probas estatísticas na materia.

A investigación revela importantes elementos esenciais para unha intervención efectiva a nivel político, incluído o compromiso e a participación de todas as partes a todos os niveis, promovendo a adopción de medidas preventivas mediante incentivos positivos e tendo en conta consideracións ergonómicas.

Pode descargase o informe e resumo “Política e práctica preventiva: enfoques para abordar os trastornos  musculoesqueléticos relacionados co traballo e estudos de caso relacionados” na seguinte ligazón