Os riscos do sedentarismo laboral


A inactividade física é o cuarto factor de risco de mortalidade a nivel mundial, en concreto é a causa do 6% das mortes rexistradas en todo o mundo. A Organización Mundial da Saúde (OMS) sinálaa como a causa principal da cuarta parte dos cancros de mama e colon e dunha proporción similar dos casos de diabetes, ademais de ser responsable do 30% das  cardiopatías  isquémicas. Con todo, segundo os datos que manexa este organismo apenas o 40% da poboación mundial realiza a actividade física necesaria para obter beneficios para a súa saúde.

Un das razóns do sedentarismo tanto social como laboral vén provocado polo seu incremento tanto durante o lecer como nas actividades laborais e domésticas.

A vida laboral é cada vez máis sedentaria, polo que a promoción da actividade física dentro e fóra da xornada laboral é unha tendencia crecente nas grandes empresas, considerando que un corpo san lesiónase menos conseguindo así reducir tanto o absentismo como a sinistralidade laboral.

Sergio Calandroni, médico especialista en medicina laboral sinala que as medidas para combater o sedentarismo laboral son case de sentido común: Facer pausas durante a xornada laboral, unha vez por hora, descansar os músculos que máis se usan ao estar sentado e facer exercicios de estiramentos antes, durante e despois da xornada de traballo, sendo tamén importante que as empresas estimulen aos seus empregados para realizar actividades deportivas.

Os especialistas recomendan a actividade física para facer fronte ao sedentarismo laboral non só polo seu beneficio sobre o corpo senón tamén sobre a mente do traballador, xa que lle permite reducir a tensión. A actividade física repercute positivamente no ánimo e o anímico é unha parte fundamental do emprego, polo que unha mellor saúde mental é un beneficio para todos, tamén para a empresa.

Un estudo de 2019 sobre o segmento de benestar corporativo da consultora  Deloitte afirma que o 78% dos departamentos de recursos humanos planea aumentar os seus investimentos en programas de actividade física durante o próximos tres anos. As razóns máis importantes para facelo son mellorar a produtividade, o compromiso dos empregados e ter unha estratexia de atracción e retención de talentos.

Con todo, estas tendencias  desenvólvense sobre todo nas empresas grandes mentres que nas pequenas empresas non se están poñendo en práctica co problema engadido de que unha gran porcentaxe das empresas do tecido empresarial español e galego son pemes e micropemes.